E xa estou outra vez arrastrando maleta e troley cara a porta de saída
Do outro lado atopo a unha muller de mediana idade que apenas verme di o meu nome. É Marta, leva eiquí máis de dúas horas. Ninguén lle avisou do retraso do vo. Moi amablemente se presenta e me acompaña ata a miña residencia, un lugar moi particular formado por una ducia de “chalets”, e en cada un catro ou cinco habitacións comparten un sitio común de vestíbulo e outro de salón. Estou no mesmo lugar no que estivo Jorge quen xa me falara moi ben do sitio. Teño unha habitación ampla, con vestidor e baño, todo moi grande e moi cómodo. A recepción e o comedor quedan no outro lado da rúa, nunha construción diferente.
Eu non sei nin que hora é pero Marta insiste en que temos que xantar e ponse á labor, eu deixo que me aconselle e é ela a que elixe o menú, e que ben o fai.
Marta é a responsábel das relación internacionais polo que de agora ata que me volva por no avión será a encargada da miña estancia o de todo o relativo a min e o meu traballo.
Ben logo de comer, e xa situada marcha para que eu poda descansar mañá recollerame as oito para levarme o traballo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario